Translate

martes, 9 de decembro de 2014

portadas ilustradas ReciclArte

Á hora de propoñerme a tarefa de facer debuxos ou ilustracións para compartir con ReciclArte e , a través dos seus fermosos cadernos, con todos vos, propúxenme divertirme debuxando e xogando coas personaxes... e ó mesmo tempo crear mulleres e nenas activas, que me resultaran atractivas porque fan cousas, simplemente saltar, chorar, ... ou plantar na leira as legumes de tempada....






fronte a ilustracións tenras de mulleres-nenas que quietas e doces semellan esperar, desexaba debuxar persoas facendo ioga baixo a choiva, no monte recollendo setas, pensando... e as que aínda faltan; en calquera actividade da rutina, calquera actividade que ti e máis eu fariamos... ou non.



Lupe e Maruxa naceron inspiradas por unha foto atopada nunha viaxe; esas dúas meniñas tan cativas xuntas da man no mundo este; que tende máis a separarnos que a xuntarnos, pareceume un bo comezo para iniciarme nesta aventura ... o meu desexo é que Lupe e Maruxa compartan moitos xogos, moitas aprendizaxes e vivencias; que non esperen por ninguén para vivilas.

 a foto inspiradora é de Tim Russo, ImagenArte
 www.imagenarte.info






Pois aquí queda este apuntamento: quedades entón invitadas a facer suxestións de actividades, tarefas ou situacións para as nosas personaxes... 

Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com

2 comentarios:

  1. Eu teño unha, merqueina hoxe nunha tenda de Lugo para facer un agasallo. Merqueina polo debuxo pero foi unha sorpresa ver que dentro tiña unha frase, gustoume ise detalle.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas, estamos encantadas de que che guste o noso traballo. Estamos empezando con este proxecto e esperamos medrar en ideas!

      Eliminar