Translate

luns, 25 de agosto de 2014

Feira da Reciclaxe no Burgo

ReciclArte e Tallerdepolo estaremos cun posto na vindeira Feira da Reciclaxe, este domingo 31 de agosto, no Burgo, durante todo o día.
Ademais de moitos e variados postos, tamén haberá obradoiros interesantes.
Non deixedes de pasarvos por alí.
Organiza Insertega S.L.



luns, 11 de agosto de 2014

Facendo Feiras: Feira de Reciclaxe

Teresita acolleunos en Carral o pasado 13 de xullo de 2014, na Feira de Reciclaxe que organizaba da man do proxecto Insertega.
Pasamos un día moi agradable rodeadas de variadas e interesantes iniciativas tanto sociais como de reciclaxe. Esperamos repetir a experiencia en vindeiras ocasións e compartir de novo o día con toda esa xente tan acolledora que coñecimos.


 

Facendo Feiras: Mercado das Flores

O pasado 12 de xullo de 2014 estivemos disfrutando dun día luminoso e divertido no Mercado das Flores, unha fermosa iniciativa das veciñas e veciños do barrio, que consiguen dinamizar un espazo común a través das artes, a artesanía e o reciclaxe, a música e o baile, a cultura e o lecer...