Translate

venres, 3 de setembro de 2021

Plantas silvestres aromáticas e mediciñais

 


En colaboración con Lola Tourón (Cestería Viva, As Espigadoras) elaboramos este libro con 42 plantas mediciñais que Lola cultiva e recolle.

Papel reciclado e encadernación artesanal.

Contactos: reciclarte.lucia@gmail.com

asespigadoras@gmail.com

 


 

Asociación As Espigadoras

 

ReciclArte participa na Asociación As Espigadoras, que pretende recoller, conservar e compartir saberes tradicionais ligados á nosa cultura, patrimonio, artesanía, coñecementos da terra, as plantas e os seus usos, saúde e a mediciña natural e custodia do territorio, cun enfoque de xénero, permacultural e vinculada ao rural galego.

mércores, 1 de setembro de 2021

Calcetíns

Exemplos de calcetíns feitos a man en la de ovella, tanto para adultas/os como nenas/os e bebés. Fágoos por encargo.

Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com