Translate

martes, 19 de abril de 2022

Relatos para adultas/os

Relatos curtos para adultas e adultos aos que lles guste ler ou regalar un artigo diferente, máis rústico pero tamén máis artesán e persoalizado.

Encadernados do mesmo xeito que os contos.

Tamén, como nos contos, podemos persoalizar a historia poñendo o nome que elixas a algunha persoaxe; ou intercalando ilustracións ou fotografías feitas por ti.

O exemplo que presento é O carro que mirou a Xulia. Na versión en castelán: El coche que miró a Julia.

De cativa gustabama moito escoitar as historias que me contaba a miña avoa. Unha daquelas historias quedóuseme grabada, non sei ben porqué. En realidade era só unha pequena anécdota, pero dela naceu este relato.

Podes ler e escoller este e outros relatos aquí: https://pensaleando.blogspot.com/search/label/Relato

Espero que te guste!

Contacto:

reciclarte.lucia@gmail.com

luns, 4 de abril de 2022

Cuncas de ganchillo

Cuncas de ganchillo.

Elaboro unha trenza previa que permite darlle ese colorido tan variado.

 

Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com
Facebook: ReciclArte

xoves, 31 de marzo de 2022

Bonecas Lolas

 


Fixen estas bonequiñas que representan unha cesteira, unha menciñeira que sabe de herbas, unha fiandeira, etc. E púxenlles o nome da miña compañeira das Espigadoras (Lola Tourón) porque é unha muller sabia coa que comparto todos eses aprendizaxes tan interesantes.





 

martes, 15 de marzo de 2022

Gorros de la

Gorros para bebés


 

Gorros para adultas/os

 


A foto só é unha orientación do tipo de gorros que fago. Xa non teño todos estes exemplares. Vou facendo sempre modelos con tonos diferentes. Podo mandar foto dos últimos que teña feitos.
Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com


domingo, 6 de marzo de 2022

Libretas persoalizadas


Persoaliza os teus regalos.

Podes regalar unha libreta coa foto ou debuxo que prefiras. Só tes que mandarme unha imaxe con boa resolución ao correo: reciclarte.lucia@gmail.com

Tamén podes escoller a frase que incluímos na primeira páxina da libreta ou enviarnos un texto ou unha dedicatoria que queiras poñer para a persoa destinataria do regalo.

Se prefires temos tamén o formato apaisado nunha libreta con máis follas en encadernación xaponesa.