Translate

venres, 12 de setembro de 2014

Facendo papel reciclado

O proceso de elaboración do papel reciclado artesán empeza poñendo a remollo o papel, previamente cortado en trociños, durante un ou dous días (ou unhas horas no caso de papeis que se desfagan moi facilmente).


A continuación tritúrase cunha batidora para obter a pasta de papel.





Para recoller a pasta de papel necesitamos unha rede suxeita nun marco xunto con outro marco do mesmo tamaño:





Colocamos o marco de xeito que quede exactamente enriba do que leva a rede.





E sumerximos o conxunto na pulpa de papel distribuida nun volumen de auga axeitado, de forma que ao sacalo a pulpa quede homoxeneamente distribuida.





Agora quítase o marco superior, colócase unha bayeta sobre a pulpa e dáselle a volta.
Elimínase o exceso de auga con outra bayeta e retírase o marco coa rede.


Unha vez que temos o papel na bayeta podemos colgala a secar no tendedeiro, ou pasalo a unha folla de xornal, para secalo, pero eu prefiro poñelo a secar no vidro da ventá.



Hai que deixalos ata que estean totalmente secos antes de retiralos.





E o resultado son uns bonitos papeis que se poden facer de distintos tonos unicamente seleccionado os papeis previos para facer a pulpa ou, si preferides, utilizando tintes, menos recomendables por razóns ecolóxicas. Podedes empezar probando con algún tinte natural fácil de utilizar, como as pelas das cebolas.















Tamén se poden transformar en uns sobres moi xeitosos para meter dentro unha invitación ou unha comunicación especial.








xoves, 4 de setembro de 2014

Distintos modelos de libretiñas

Aqui vos iremos deixando fotos dos novos modelos de libretiñas que imos facendo. Esperamos que vos gusten.

Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com










Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com



martes, 2 de setembro de 2014

Un bo día na Feira da Reciclaxe do Burgo

O pasado domingo 31 de agosto pasamos un bo e soleado día na Feira da Reciclaxe do Burgo.
Moitas grazas a Teresita e as súas compañeiras de Insertega pola boa organización e a simpatía que sempre amosan.