Translate

martes, 28 de abril de 2015

Feira de artesanía do ferro de Riotorto


ReciclArte e tallerdepolo estiveron presentes na Feira do Ferro de Riotorto o domingo 19 de abril.
Parabens a toda a xente de Riotorto por unha feira que axuda a mostrar algúns oficios que se manteñen vivos.
Houbo demostracións durante todo o día, principalmente dos ferreiros, e tamén doutras artes como pirograbado en madeira e telar.

xoves, 16 de abril de 2015

Tarxetas artesanais

Podemos facer as túas tarxetas dun xeito artesanal, en papel reciclado.
Cada dez tarxetas poderán ter tonos diferentes.
De seguro sorprenderán agradablemente ás persoas ás que llas entregues.
Pregúntanos no correo: reciclarte.lucia@gmail.com



xoves, 9 de abril de 2015

Marcapáxinas artesanais

Queres regalar un marcapáxinas?
Que che parecen estes?
Feitos en papel reciclado artesán e cos fantásticos deseños de tallerdepolo.
Podes atopalos xa na librería Gato Neghro, na rúa San Roque, en Lugo. E pronto noutros sitios. Pregúntanos: reciclarte.lucia@gmail.com