Translate

domingo, 21 de decembro de 2014

que siiiiiii!

Que si!
que xa empezou a feira de artesanía en lucus agusto....
que si!
que se chama artenadal...
que si!
que hai moito arte...
que si!
que estamos aí esperándote...
que si!
Que nos vemos alí!



que "polo arte verde" se chama o noso curruncho, compartido entre polo (tallerdepolo),  arte (ReciclArte) e verde, o noso maravilloso compañeiro Angel que fai fermosas kokedamas...



 e aqui nos atoparedes con moita ilusión pasando estes días; mostrando, vendendo e tamén aprendendo... con todas as ganas de mellorar e seguir experimentando!
  



mércores, 10 de decembro de 2014

Feira Artenadal en Lugo



ReciclArte e tallerdepolo estarán na Feira Artenadal, en Lugo, dende o venres 19 de decembro, que se inaugura pola tarde, ata o domingo 4 de xaneiro, incluido. Estaremos na carpa situada detrás do concello.
Busca o posto Polo Arte Verde e fainos unha visita!


martes, 9 de decembro de 2014

portadas ilustradas ReciclArte

Á hora de propoñerme a tarefa de facer debuxos ou ilustracións para compartir con ReciclArte e , a través dos seus fermosos cadernos, con todos vos, propúxenme divertirme debuxando e xogando coas personaxes... e ó mesmo tempo crear mulleres e nenas activas, que me resultaran atractivas porque fan cousas, simplemente saltar, chorar, ... ou plantar na leira as legumes de tempada....






fronte a ilustracións tenras de mulleres-nenas que quietas e doces semellan esperar, desexaba debuxar persoas facendo ioga baixo a choiva, no monte recollendo setas, pensando... e as que aínda faltan; en calquera actividade da rutina, calquera actividade que ti e máis eu fariamos... ou non.



Lupe e Maruxa naceron inspiradas por unha foto atopada nunha viaxe; esas dúas meniñas tan cativas xuntas da man no mundo este; que tende máis a separarnos que a xuntarnos, pareceume un bo comezo para iniciarme nesta aventura ... o meu desexo é que Lupe e Maruxa compartan moitos xogos, moitas aprendizaxes e vivencias; que non esperen por ninguén para vivilas.

 a foto inspiradora é de Tim Russo, ImagenArte
 www.imagenarte.info






Pois aquí queda este apuntamento: quedades entón invitadas a facer suxestións de actividades, tarefas ou situacións para as nosas personaxes... 

Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com

martes, 2 de decembro de 2014

Feira da Reciclaxe en Betanzos

Insertega organiza unha nova Feira da Reciclaxe, esta vez en Betanzos, o vindeiro domingo 7 de decembro.
ReciclArte e tallerdepolo participaremos como en ocasións anteriores.
Esperámosvos alí!

luns, 1 de decembro de 2014

Acuarelas de tallerdepolo

Unha pequena mostra das fantásticas acuarelas realizadas por tallerdepolo, que están a vosa disposición.
Recrean pequenos recunchos e fermosos detalles das nosas vilas.
Podedes velas neste enlace.
Perfectas para un bonito regalo en calquera momento!



Luvas

Temos que coidar ben desas mans coas que tanto nos gusta facer cousas creativas e fermosas...
Nesta época invernal nada mellor para conseguir ese obxectivo que unhas boas luvas de lá tecidas a man.
Están calcetadas en redondo con cinco agullas para que non leven costuras.
Resultan cómodas e abrigosas.





Hai modelos para adultas/os e nenas/os.

 





As fotos só son orientativas. Os modelos cambian en función das lás das que dispoño.
Si queres unhas podes escribirme a reciclarte.lucia@gmail.com e preguntarme polos modelos que te podo ofrecer nese momento.





luns, 3 de novembro de 2014

Novos modelos de libretiñas

A creatividade de tallerdepolo nunca decae, de modo que seguimos tendo novas ilustracións para as nosas libretas. Esperamos que vos gusten!

Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com






Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com





martes, 28 de outubro de 2014

Posto solidario no mercado medieval de Lugo

O 12 de outubro de cada ano celébrase en Lugo a Feira Medieval.
ReciclArte e tallerdepolo compartiron un posto solidario con outras artesás. Todos os anos este posto dedica as súas ganancias a apoiar unha asociación ou un proxecto. Este ano o diñeiro foi para a Asociación Protectora de Animais e Prantas de Lugo.
Encantadas de participar!

xoves, 23 de outubro de 2014

Feira de Artesania da Ponte de Louzara

O pasado agosto ReciclArte e tallerdepolo compartimos posto con outros moitos artesáns e artesás, na Feira de Artesanía de Ponte de Louzara.

Desfrutamos dunha xornada soleada rodeadas dun souto milenario, grazas ao esforzo de Lola e o resto dos organizadores, que poñen todo o seu empeño para que todas e todos pasemos un día maravilloso.



Un ano máis, compartimos, falamos, comimos, cantamos e bailamos, nun entorno inigualable nas terras de Samos...












venres, 12 de setembro de 2014

Facendo papel reciclado

O proceso de elaboración do papel reciclado artesán empeza poñendo a remollo o papel, previamente cortado en trociños, durante un ou dous días (ou unhas horas no caso de papeis que se desfagan moi facilmente).


A continuación tritúrase cunha batidora para obter a pasta de papel.





Para recoller a pasta de papel necesitamos unha rede suxeita nun marco xunto con outro marco do mesmo tamaño:





Colocamos o marco de xeito que quede exactamente enriba do que leva a rede.





E sumerximos o conxunto na pulpa de papel distribuida nun volumen de auga axeitado, de forma que ao sacalo a pulpa quede homoxeneamente distribuida.





Agora quítase o marco superior, colócase unha bayeta sobre a pulpa e dáselle a volta.
Elimínase o exceso de auga con outra bayeta e retírase o marco coa rede.


Unha vez que temos o papel na bayeta podemos colgala a secar no tendedeiro, ou pasalo a unha folla de xornal, para secalo, pero eu prefiro poñelo a secar no vidro da ventá.



Hai que deixalos ata que estean totalmente secos antes de retiralos.





E o resultado son uns bonitos papeis que se poden facer de distintos tonos unicamente seleccionado os papeis previos para facer a pulpa ou, si preferides, utilizando tintes, menos recomendables por razóns ecolóxicas. Podedes empezar probando con algún tinte natural fácil de utilizar, como as pelas das cebolas.















Tamén se poden transformar en uns sobres moi xeitosos para meter dentro unha invitación ou unha comunicación especial.








xoves, 4 de setembro de 2014

Distintos modelos de libretiñas

Aqui vos iremos deixando fotos dos novos modelos de libretiñas que imos facendo. Esperamos que vos gusten.

Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com










Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com