Translate

luns, 29 de xuño de 2015

Feira de Artesanía de Outeiro de Rei

ReciclArte e tallerdepolo estarán na vindeira Feira de Artesanía de Outeiro de Rei.

Unha vez máis (esta xa é a novena edición) haberá múltiples demostracións de artesanía, postos, xogos e moitas máis cousas.
Ademais parece que o tempo acompañará e o río está moi pretiño, de modo que tedes que animarvos a ir visitarnos e pasar un bo día.

Esperámosvos!

luns, 1 de xuño de 2015

Feira de Economía Social 2015

De novo outra edición da Feira de Economía Social na Coruña este pasado sábado 30 de maio. O tempo pasa voando! e o ano pasou case sen decatarnos... Como é habitual foi unha xornada moi amable e agarimosa; con tanta xentiña coñecida e querida ao redor. Desta volta foi feira-feira con moitas artesanas mostrando o seu traballo e poucas charlas e actividades; organizar eventos de este tipo é un traballo de moito mérito, sobre todo cando se fai de maneira voluntaria regalando tempo e traballo para que outras disfrutemos dun día grande no centro da cidade. Agradecer á organización o seu esforzo, foi un día marabilloso.

O sol tamén acompañou ... acompañoume sobre todo a  min que acabei queimada como unha gamba e co nariz tipo "don pimpóm".












Desta volta as enerxías non daban para preparar un taller para as nenxs, unha mágoa... pero seguro outro ano haberá forzas e compensaremos as ganas!

As enerxías se recargan con tantas visitas agarimosas recibidas!! e con compañeirxs de feira tan lindxs!! O ano próximo seguro nos atopamos de novo!