Translate

martes, 29 de decembro de 2015

A casiña de papel



(Disponible también una versión en castellano)

Esta tempada vai de contos!
Aquí vos deixo outro novo: A casiña de papel.


A protagonista chámase Iria e, paseando polo bosque, atópase cunha casa feita TODA DE PAPEL!


Como nos anteriores o libro invita a ler, debuxar, colorear e, ao final, hai tamén unha proposta de escritura.
Espero que vos guste!

Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com

sábado, 26 de decembro de 2015

"A illa que só tiña unha árbore"


 (Disponible también una versión en castellano)

Déixovos outra proposta de conto artesanal.
A idea é a mesma que o que vos presentei anteriormente, pero con menos texto, pensado para nenas e nenos algo máis pequenos ou que gosten menos de ler.

O contido, por tanto, volve ter un trasfondo ecoloxista, aproveitando o tema do papel reciclado. 
Segue a ter propostas para colorear e dibuxar.








E, ao final, tamén unha de escritura.


Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com

martes, 22 de decembro de 2015

Artenadal en Lugo, un ano máis!

Lembrade que vos esperamos na carpa de Artenadal, en Lugo, detrás do Concello.
Temos un posto compartido entre ReciclArte, tallerdepolo e Cestería Viva.
Un montón de cousas ben bonitas para facer un pequeno agasallo.
Vide a visitarnos!





luns, 21 de decembro de 2015

Contos para ler, dibuxar, escribir e colorear!


 (Disponible también una versión en castellano)

Eu adoro ler desde sempre. Lémbrome a min mesma enfrascada nun libro sendo moi cativa, ata o extremo de esquecerme do mundo que transcurría fóra da historia do conto que estaba a ler.
Pero un dos contos que máis disfrutei foi un que acompañaba o texto con debuxos para colorear.

Quixen reproducir esta idea nuns contos que vos deixo aquí para que vexades se lles poden gustar ás vosas nenas e nenos.

Non puiden resistirme a introducir algún tema ecoloxista aproveitando a idea do papel reciclado, como é o caso deste que vos presento aquí: "O país que case queda sen árbores".
 




Hai que ler ata o final para ver que pasará... que farán os habitantes deste país para salvar os seus bosques...

E ao final do libro hai unha proposta de escritura para animar ás cativas e cativos a que tamén eles poñan por escrito o que lles suxire o conto.



Espero que vos gusten!

Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com


martes, 15 de decembro de 2015

Libretiñas con recunchos de Lugo

Probamos cun novo deseño de libretiñas, aproveitando as imaxes das acuarelas de tallerdepolo que tanto gustan. Recunchos inigualables de Lugo combinados co tacto do papel reciclado.
Esperamos que vos gusten!

Podedes atopalas, xunto co resto dos nosos produtos, na carpa de Artenadal, que estará detrás do Concello, en Lugo, desde o sábado 19 de decembro ata o 5 de xaneiro. E todo o ano nos puntos de venda que nos apoian.

Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com


mércores, 9 de decembro de 2015

Feira de nadal en Mer (Sober)


Este domingo, 6 de decembro, achegámonos a Mer (Sober) para compartir con outros artesáns e artesás a feira de nadal que organizan na Casa de las Flores os magníficos anfitrións Bárbara e Martín.
Foi unha xornada encantadora, de compartir, coñecer e disfrutar dun tempo luminoso que nos acompañou durante todo o día.
Sempre é un desfrute darse unha volta pola Ribeira Sacra e coñecer novos recunchos. Este é un máis dos que merecen a pena.
Moitas grazas a Bárbara e Martín pola súa magnífica acollida.
Verémonos noutras ocasións!

mércores, 2 de decembro de 2015

Feira Artenadal Lugo


ReciclArte e tallerdepolo estaremos un ano máis na feira Artenadal de Lugo, na carpa situada detrás do Concello desde o sábado 19 de decembro ata o 5 de xaneiro.
Pasade por alí a vernos! Como outros anos, artesanía a mans cheas, orixinalidade e calidade!
ESPERÁMOSVOS!

mércores, 25 de novembro de 2015

Divertíndonos cun obradoiro de papel reciclado!

O pasado sábado enchimos unha tarde do máis divertida, no taller de Polo, cun obradoiro de papel reciclado.

Como as imaxes falan mellor que as verbas, deixámosvos aquí unhas mostras dos papeis tan bonitos que fixeron as e os participantes, incluídos un par deles ben cativos pero todos uns artistas!







Contacto:  reciclarte.lucia@gmail.com

luns, 16 de novembro de 2015

Exposición de ReciclArte e tallerdepolo no Forum Metropolitano, A Coruña




Estos días estaremos o proxecto ReciclArte e o tallerdepolo no hall do Fórum Metropolitano, con unha pequena expo explicativa do proceso de manufactura do papel, asi como algunhas ilustracións orixinais feitas para os nosos cadernos.

E con motivo da expo, ReciclArte achegarase o sábado 21 de novembro a Coruña ao tallerdepolo a ofrecer un obradoiro para aprender a facer papel reciclado. 
Apuntádevos se estades pola Coruña!!!  ;)





venres, 30 de outubro de 2015

Obradoiros de calceta en Sualá

Queres calcetar? Podes apuntarte para aprender desde cero, ou ben, se xa sabes calcetar con dúas agullas, animarte a facer as túas propias luvas e levarte o método para seguir practicando na casa.
Apúntate, que empezamos xa!
Será os venres de 18:30h a 20:00h na tenda de lás Sualá (esquina rúa Nova coa praza da Soidade) en Lugo.
Por só 15 euros xuntarémonos durante un mes e ademáis de practicar levarás todas as indicacións.
Anótate escribindo a: reciclarte.lucia@gmail.com
ou chama ao 670919313.

luns, 5 de outubro de 2015

Obradoiro de luvas en Mil Cores

Iniciamos un novo obradoiro de calceta con cinco agullas para facer as túas propias luvas.

Esta vez será en Mil Cores, na Ronda das Fontiñas, 176, en Lugo.

Ten en conta que o último día para anotarte é o venres 16 de outubro.

Se non tes o material recoméndote a tenda de lás Sualá, na rúa Nova esquina coa Praza da Soidade. Ten un surtido de lás amplo e con moito gusto e tamén agullas e outros accesorios.

Para participar neste obradoiro é necesario saber calcetar xa con dúas agullas.
Pero se non é o teu caso e necesitas unha pequena iniciación escríbeme a este correo: reciclarte.lucia@gmail.com
porque máis adiante ofrecerei algún obradoiro de iniciación con dúas agullas.

Anímate! Será divertido e terás unhas bonitas luvas feitas por ti!

mércores, 9 de setembro de 2015

A mellor recompensa ao noso traballo

No pasado festival de Pardiñas pasou polo posto Santi, un amigo, ao que aproveitei para pedirlle opinión sobre a idea da animación ao debuxo e a escritura para rapaces e rapazas.
Gustoulle e mercouno para regalarllo á súa sobriña. Asi que, abusando un pouco máis, díxenlle que me contara a súa reacción.
Que mellor que coñecer a opinión da destinataria final!

Reproduzo a continuación o comentario que me mandou Santi e anímovos a opinar, porque poderá haber múltiples opinións sobre o tema e todas son interesantes para min:

"Pois ben, como che comentara íache transmitir a opinión da miña sobriña sobre o conto. Dixo que lle gustara moito: "porque tiña que pensar" e porque "lle gusta escribir contos". Creo que di moito en tan poucas palabras. Na escola xa non existe practicamente espazo para crear algo propio, para atreverse a voar por un intre nun mundo de fantasía compartida, así que ela é quen de analizar esa gran diferenza: crear ou reproducir o dado seguindo un patrón normativo que o profesor (de profetés: profeta) escolleu de antemán para ela. Mais penso que a mellor mostra da súa ledicia é o seu sorriso, por iso adxunto unha foto para que a vexas ti mesma."

Dame algo de reparo poñer fotos de menores en internet, de modo que decidín cortala, perdédesvos o guapa que é, pero vese o principal: o seu maravilloso sorriso, que é o mellor regalo que nos podía deixar!
Graciñas!

venres, 28 de agosto de 2015

Festival da Polka en Mosteiro

Queremos invitarvos ao Festival da Polka, o sábado 5 de setembro, en Mosteiro (concello de Pol). Moi pretiño de Lugo.

ReciclArte e tallerdepolo estaremos alí cun posto, na feira de artesanía que acompaña ao festival.

Haberá actividades, títeres, teatro, xogos tradicionais e música todo o día, asi que a diversión está asegurada.

Vide!

luns, 24 de agosto de 2015

Feiras en Coruña e Gondomar

Esta fin de semana repartímonos entre o Mercado de Visións, na zona vella da Coruña, e a Feira de Artesanía e a Cervexa Artesá en Gondomar.
A pena foi que o tempo non acompañou (xa case non nos lembrabamos de como era unha treboada...) pero sustituímolo por calor humano.
Moitas grazas a todas e todos os que nos animades con comentarios tan positivos sobre o noso traballo. Encantadas de que vos guste!