Translate

xoves, 22 de decembro de 2016

Lola a nena cesteira


 (Disponible también una versión en castellano)

Preséntovos agora un conto moi especial: Lola a nena cesteira.
Lola quere aprender a ser cesteira, así que a súa avoa vaina ensinando dun xeito moi sinxelo.
E ti tamén podes, á vez que Lola, ir facendo os cestiños de papel cos materiais que te aportamos na caixa e coas indicacións que van dentro do conto, explicadas por unha cesteira de verdade: Lola Tourón (Cestería Viva) ...a nena cesteira...
Lola Tourón fixo tamén o cestiño de vimbio que vai na caixa. A que é ben bonito?

Que vos parece a idea?  Animádesvos a probar?

Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com




martes, 20 de decembro de 2016

As bolboretas fiandeiras


 (Disponible también una versión en castellano)


Matilda, que é o nome da miña sobriña-neta, ten unha tía-avoa que é fiandeira.
Matilda quere aprender a fiar e hai unhas bolboretas que a axudan...
Queres saber máis? Tes que ler o conto e ver o que hai na caixa...

Temos tamén unha versión sinxela:













Esperamos que vos guste!

Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com

xoves, 15 de decembro de 2016

Librería Trama


Agora podedes atopar os nosos marcapáxinas, libretas e contos, na Librería Trama, na Avda. da Coruña, nº 21.
Trátase dunha librería que non necesita presentación en Lugo, pero se non a coñeces non deixes de pasarte.

martes, 22 de novembro de 2016

Contos con sorpresa: A olería fantástica


 (Disponible también una versión en castellano)

"Dende facía uns días Carla
estaba feliz!
Tiña un secreto!

Pero para descubrilo terás que ler este conto..."

Coñeces a Olería de Bonxe, en Outeiro de Rei, moi preto de Lugo? Ou algunha outra olería tradicional das que hai en Galicia?
Carla, a protagonista deste conto, vai de visita á Olería de Bonxe e aprende como se traballa o barro ...pero despois pasan máis cousas, que terás que ler para saber que ten de fantástica esta olería!
Ademais terás na man unha peza como as que fan os oleiros e as oleiras, e tamén dous animaliños que son protagonistas neste conto xunto con Carla: unha tartaruga e un lagartiño.
Espero que che guste!

Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com

venres, 11 de novembro de 2016

Laborando. Feira de experiencias de vida feministas

ReciclArte e tallerdepolo estarán en Laborando. Feira de Experiencias de Vida Feministas.
Será unha feira de iniciativas e proxectos persoais, laborais e sociais para colectivos, organizacións e persoas individuais a traballar especificamente ou como parte do seu traballo gobal desde a perspectiva feminista, de igualdade e contra as violencias machistas.
A feira terá lugar o sábado 26 de novembro das 10:00 ás 22:00 no Mercado de San Agustín na Coruña.

Pásate a vernos!! Haberá un montón de proxectos interesantes e actividades que che gustarán!!

mércores, 24 de agosto de 2016

Patucos de bebé

Espero que vos gusten os novos patucos para bebés que ando a facer.
Son de algodón e están feitos a ganchillo.
De momento o tamaño que teño é máis ou menos ata 6 meses, aínda que podería chegar algo máis aló dependendo do bebé. Pero poden ser maiores se o prefires.
En varias cores:


Contáctame en:  reciclarte.lucia@gmail.com

luns, 22 de agosto de 2016

Os deseños de tallerdepolo

Imos actualizar nesta entrada os distintos deseños de tallerdepolo dos que dispoñemos neste momento nas nosas libretiñas, algúns xa mostrados en anteriores entradas e outros novos.
Que vos gusten!

Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com










luns, 1 de agosto de 2016

ÍMONOS A PARDIÑAS!

Xa chega! Un ano máis imos de festa a Pardiñas!
O vindeiro fin de semana, 7 e 8 de agosto, ReciclArte participará de novo na feira de artesanía que, xunto coa feira de instrumentos tradicionais, xogos, espectáculos, música e moito máis, forma parte das variadas actividades do Festival de Pardiñas, coma sempre cun bo cartel de grupos.
Ali nos atoparemos cos amigos e amigas que nunca se perden este festival, como se dunha grande familia se tratara. Xa está tardando!
Esperámosvos!

xoves, 23 de xuño de 2016

Feira dos Muiños en Mondoñedo

Por segundo ano consecutivo estaremos na Feira dos Muiños, en Mondoñedo, este sábado 25 de xuño durante todo o día.
Un xeito de revalorizar un espazo tan interesante como o barrio dos muiños. Se non o coñeces non deixes de pasar a facernos unha visita este sábado. Merece a pena e de paso das unha volta por unha feira de artesanía ben bonita!
Esperámoste!

luns, 6 de xuño de 2016

Feira Os Muiños (Mondoñedo)

Por segundo ano consecutivo estaremos na feira Os Muiños de Mondoñedo.
Será o sábado 25 de xuño de 11:00h a 21:00h.
Esperemos que o día acompañe como o ano pasado e disfrutemos da feira e dun espazo urbanístico ben interesante, como é o barrio dos muiños, que merece a pena conservar e potenciar.
VÉMONOS ALÍ!


xoves, 26 de maio de 2016

FESTILETRAS



O Festiletras do Couto (Ponteceso) é sen dúbida o mellor festival en torno ás letras galegas de todo o noso territorio.
Ben orgullosas teñen que estar as veciñas e veciños do Couto que ano tras ano organizan conferencias, obradoiros, concertos e unha morea de actividades máis ao longo de varios días.
Aínda que non puidemos pasar alí toda a semana disfrutando do extenso programa, ReciclArte participou da feira de artesanía que pechaba os festexos o domingo 22 de maio, xunto cunha morea de outros artesans e artesás ben interesantes que conformaron unha feira moi atractiva.
Recoméndovos a entrada sobre o tema neste blog que Diana documenta con tanto cariño.
Parabens á organización e moitísimas grazas polo trato exquisito que se nos dispensou!


mércores, 18 de maio de 2016

Día do Comercio Xusto 2016



ReciclArte celebrou o sábado 14 de maio o Día do Comercio Xusto, xunto cun bo número de organizacións encadradas na plataforma Lugo Xusta e outras iniciativas artesás, ecolóxicas, solidarias...

Graciñas pola invitación!


Disfrutamos dun día ben bonito e cheo de actividades.


Parabens ás amigas de Bico de grao e ao resto de entidades organizadoras!






luns, 28 de marzo de 2016

Exposición ReciclArte+tallerdepolo en Lugo e obradoiro de papel reciclado



Os traballos conxuntos de ReciclArte e tallerdepolo expoñeranse durante todo o mes de abril na Biblioteca Pública de Lugo. Pásate a velos!
Teremos orixinais dos deseños de tallerdepolo que ilustran as libretiñas e marcalibros elaborados en papel reciclado por ReciclArte.
Esperamos que vos guste!
E si queres pasar unha tarde facendo papel reciclado igual de bonito que o que facemos nós, apúntate ao obradoiro que faremos en Bico de grao (Ronda das Fontiñas, 226) o mércores 20 de abril de 18:00h a 20:30h. Podes apuntarte na tenda ou chamando ao teléfono 982807935, ou escribindo a: reciclarte.lucia@gmail.com





venres, 25 de marzo de 2016

Láminas cos deseños de tallerdepolo


Nas fotos que vos deixamos podedes ver exemplos das láminas feitas en papel reciclado a partir dos deseños de tallerdepolo, os mesmos que utilizamos para as libretiñas, e de paso disfrutar dos orixinais deses deseños.
Láminas: 10 euros.
Se queres encargar unha lámina ou mercar un orixinal ponte en contacto:
reciclarte.lucia@gmail.com






martes, 8 de marzo de 2016

Curso de calceta con cinco agullas en Sualá


Empezamos un novo curso de calceta con cinco agullas para facer unhas luvas (guantes).
Será na tenda de lás Sualá, na rúa Nova, 28, esquina coa Praza da Soidade, en Lugo.
Durará 4 semanas, os luns de 18:00h a 19:30h, desde o 4 de abril, cunha aportación de 15 euros.
Podes apuntarte pasando pola tenda ou no teléfono 982231620.
Ou tamén no correo-e: reciclarte.lucia@gmail.com

martes, 12 de xaneiro de 2016

O debuxo que voou


(Disponible también una versión en castellano)


Con algo de retraso engado outro conto que, ao igual que os outros, xa teñen nas súas mans algúns nenos e nenas desde este nadal.
Isto é unha satisfacción pero tamén unha responsabilidade.
Espero sinceiramente que disfruten moito con eles!

Este titúlase O debuxo que voou.
Á protagonista, Marta, gústalle debuxar e escribir, pero cando pinta un paxaro éste sae voando do papel. Ela non quere perdelo así que o atrapa de novo no seu caderno...
...pero entón...
...que pasará a continuación e cal será a reacción de Marta?


Le, debuxa, colorea e escribe, con estes contos artesanais feitos especialmente para ti con todo o meu cariño!

Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com