Translate

sábado, 16 de maio de 2015

Obradoiro de luvas en Sualá

Se estás interesada/o en aprender a calcetar en redondo con 5 agullas, non te perdas este obradoiro!
Empezará o xoves 21 de maio ás 18:00h, ata as 19:30h, na tenda de lás Sualá, na esquina da Rúa Nova coa Praza da Soidade, en Lugo.
Podes apuntarte ata o mesmo día que empezamos o obradoiro.
E si prefires noutro momento pregúntanos, porque haberá outros sempre que teñamos persoas interesadas.

Obxectivos do obradoiro:
  • Aprender a calcetar en redondo con 5 agullas
  • Facer as nosas propias luvas
Non se realizarán puntos complexos, unicamente elástico 1:1 e punto xersei, posto que o obxectivo é afacerse a calcetar con 5 agullas e aprender o modelo para facer luvas.

Requisitos:
  • É necesario saber calcetar previamente con 2 agullas.
  • Para poder cumplir os obxectivos do obradoiro as/os participantes deberán completar traballo entre clase e clase na súa casa. Daránselles as indicacións necesarias. Para quen vaia con máis lentitude poden establecerse posibilidades de ampliación do obradoiro.

    Materiais que debe aportar a persoa participante:
  • Paquete de 5 agullas para calcetar en redondo (recoméndanse as de 4 mm pero tamén poden ser algo máis finas).
  • Lá do grosor correspondente ás agullas.

Duración do obradoiro e datas:
Realizarase un día á semana, os xoves, durante 1 hora e media, de 18:00h a 19:30h ao longo dun mes (prolongable ata dous meses).

Custe do obradoiro:
O prezo será de 15 euros ao mes.
Lugar de realización:
Tenda de lás Sualá (Rúa Nova esquina Praza da Soidade).

Contacto:




mércores, 6 de maio de 2015

Día do Comercio Xusto en Lugo

O martes 12 de maio compartiremos feira cos produtores habituais do Mercado da Terra e coa Cova da Terra, Bico de grao, Axunica, Taller de Solidaridad, Asemblea de Cooperación pola Paz e Mans Unidas, ademais dunha morea de amigas e amigos, para celebrar en Lugo o Día Internacional do Comercio Xusto.
Estaremos no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros durante a tarde, de 16:00h a 20:00h.
Pásate a visitarnos!
Pon a túa pegada polo Comercio Xusto!