reciclando e creando papel para facer distintos obxectos (libretas, contos,...) con ilustracións deseñadas por tallerdepolo xogando coa la para crear luvas, gorros... colaborando con cestería viva...
Translate
xoves, 26 de maio de 2016
FESTILETRAS
O Festiletras do Couto (Ponteceso) é sen dúbida o mellor festival en torno ás letras galegas de todo o noso territorio.
Ben orgullosas teñen que estar as veciñas e veciños do Couto que ano tras ano organizan conferencias, obradoiros, concertos e unha morea de actividades máis ao longo de varios días.
Aínda que non puidemos pasar alí toda a semana disfrutando do extenso programa, ReciclArte participou da feira de artesanía que pechaba os festexos o domingo 22 de maio, xunto cunha morea de outros artesans e artesás ben interesantes que conformaron unha feira moi atractiva.
Recoméndovos a entrada sobre o tema neste blog que Diana documenta con tanto cariño.
Parabens á organización e moitísimas grazas polo trato exquisito que se nos dispensou!
mércores, 18 de maio de 2016
Día do Comercio Xusto 2016
ReciclArte celebrou o sábado 14 de maio o Día do Comercio Xusto, xunto cun bo número de organizacións encadradas na plataforma Lugo Xusta e outras iniciativas artesás, ecolóxicas, solidarias...
Graciñas pola invitación!
Disfrutamos dun día ben bonito e cheo de actividades.
Parabens ás amigas de Bico de grao e ao resto de entidades organizadoras!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)