Translate

martes, 4 de agosto de 2015

De Pardiñas a Begonte!

...e despois de Pardiñas, imos a Begonte o vindeiro sábado 8 de agosto. De festival en festival a divertirse toca!


Vide! Pasaremos un día de campo estupendo, con baño incluído, ou mellor aínda baixada en canoa polo río, e por suposto noite de música!
Estará o grupo de fiandeiras de Lugo, Bolboreta Fiandeira, e moitos outros amigos.
Esperámosvos!

Para que poidades ver o que atoparedes no noso posto, deixámosvos unhas fotos do de Pardiñas: con novos deseños de libretas, broches, acuarelas, cerámica e luvas. Esperamos que vos gusten.




xoves, 23 de xullo de 2015

Un ano máis no Festival de Pardiñas!

Como o ano pasado, ReciclArte e tallerdepolo estarán no Festival de Pardiñas na fin de semana do 1 e 2 de agosto, compartindo diversión, estupenda música e moita artesanía da boa con todas e todos as amistades que ano tras ano disfrutamos deste festival único.
Non deixedes de pasar por alí, sempre merece a pena!
Esperámosvos!

luns, 29 de xuño de 2015

Feira de Artesanía de Outeiro de Rei

ReciclArte e tallerdepolo estarán na vindeira Feira de Artesanía de Outeiro de Rei.

Unha vez máis (esta xa é a novena edición) haberá múltiples demostracións de artesanía, postos, xogos e moitas máis cousas.
Ademais parece que o tempo acompañará e o río está moi pretiño, de modo que tedes que animarvos a ir visitarnos e pasar un bo día.

Esperámosvos!