Translate

mércores, 9 de decembro de 2015

Feira de nadal en Mer (Sober)


Este domingo, 6 de decembro, achegámonos a Mer (Sober) para compartir con outros artesáns e artesás a feira de nadal que organizan na Casa de las Flores os magníficos anfitrións Bárbara e Martín.
Foi unha xornada encantadora, de compartir, coñecer e disfrutar dun tempo luminoso que nos acompañou durante todo o día.
Sempre é un desfrute darse unha volta pola Ribeira Sacra e coñecer novos recunchos. Este é un máis dos que merecen a pena.
Moitas grazas a Bárbara e Martín pola súa magnífica acollida.
Verémonos noutras ocasións!

mércores, 2 de decembro de 2015

Feira Artenadal Lugo


ReciclArte e tallerdepolo estaremos un ano máis na feira Artenadal de Lugo, na carpa situada detrás do Concello desde o sábado 19 de decembro ata o 5 de xaneiro.
Pasade por alí a vernos! Como outros anos, artesanía a mans cheas, orixinalidade e calidade!
ESPERÁMOSVOS!

mércores, 25 de novembro de 2015

Divertíndonos cun obradoiro de papel reciclado!

O pasado sábado enchimos unha tarde do máis divertida, no taller de Polo, cun obradoiro de papel reciclado.

Como as imaxes falan mellor que as verbas, deixámosvos aquí unhas mostras dos papeis tan bonitos que fixeron as e os participantes, incluídos un par deles ben cativos pero todos uns artistas!







Contacto:  reciclarte.lucia@gmail.com