Translate

mércores, 1 de setembro de 2021

Calcetíns

Exemplos de calcetíns feitos a man en la de ovella, tanto para adultas/os como nenas/os e bebés. Fágoos por encargo.

Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com

 




luns, 20 de xaneiro de 2020

Plataforma Ben Mercado


Agora podes atopar algúns dos nosos produtos, así como moitos outros de produtoras, artesás e artistas galegas/os, na plataforma Ben Mercado, unha tenda virtual vinculada á Economía Social Galega, un lugar no que poder facer o teu consumo consciente.

ReciclArte, tallerdepolo e outras artesás xuntámonos na asociación As Espigadoras. Así é como nos atoparás na plataforma Ben Mercado.
As Espigadoras é unha asociación para a promoción da arte e a artesanía, os saberes tradicionais, a reciclaxe, etc. Pretende fomentar relacións respectuosas co medio ambiente e as persoas. Mostramos o noso traballo tanto en forma de produtos como de obradoiros de aprendizaxe.

martes, 9 de maio de 2017

ReciclArte con Lugo Xusta e Solidaria
















O vindeiro sábado 13 de maio celebraremos o Día Internacional do Comercio Xusto xunto con todas as amigas e amigos da rede Lugo Xusta, que organizan toda unha semana de interesantísimas actividades.
Participaremos na feira que se celebrará na Praza Maior de Lugo durante todo o día do sábado, como As Espigadoras, unha asociación da que forman parte, entre outras, ReciclArte, tallerdepolo e Cestería Viva, e que pretende fomentar a arte e a artesanía e recoller saberes tradicionais en torno a ela, así como contribuír a un coñecemento máis respectuoso coa natureza, as persoas e a vida.
Esperámosvos alí!
Haberá actividades e diversión durante todo o día!