Translate

martes, 31 de marzo de 2015

Novas libretas: encadernación xaponesa

Estamos a comezar cunhas novas libretas de tapas duras feitas con encadernación xaponesa. Un formato que se adapta moi ben ao estilo algo rústico do papel reciclado artesán.






Esperamos que vos gusten.
Podedes ir vendo as que subamos a esta galería de fotos.

Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com

luns, 16 de febreiro de 2015

Feira do caldo de ósos de Taboada

ReciclArte e tallerdepolo estiveron o pasado domingo de entroido na festa do caldo de ósos de Taboada.
Esta vez compartimos posto cos imprescindibles libros de Baladre.
Festa, música, degustación, produtos típicos e artesanía.
Moitas grazas ao concello pola boa acollida aos artesáns e artesás. E o meu agradecemento especialmente a Lucas e a súa familia por quentarme o estómago con ese caldo tan exquisito, típico da zona. Riquísimo!

venres, 13 de febreiro de 2015

Escolle as túas luvas

ReciclArte quere poñer á túa disposición unha ferramenta para que poidas ver en todo momento as luvas que imos creando.

Neste álbum tes as fotos. Si picas sobre elas podes velas mellor e saber si están dispoñibles e cales son as súas medidas aproximadas.

As que xa se venderon sirven para que te fagas unha idea de distintos modelos e poidas encargar algún que che guste máis. Non se poderá repetir exactamente igual, porque as lás adoitan variar cada tempada, pero pode servir de orientación.

Escríbenos a: reciclarte.lucia@gmail.com

Foto: Lola Tourón