Translate

xoves, 13 de agosto de 2015

Feira na Ponte de Louzara

Un ano máis ReciclArte e tallerdepolo estaremos na Feira da Ponte de Louzara, o vindeiro luns 17 de agosto, compartindo con amigos e amigas e boas artesás, un día de carballeira e disfrutando desa paisaxe inigualable e algo de música, grazas aos esforzos de Lola, sempre tan organizadora.
Vémonos alí!

martes, 4 de agosto de 2015

De Pardiñas a Begonte!

...e despois de Pardiñas, imos a Begonte o vindeiro sábado 8 de agosto. De festival en festival a divertirse toca!


Vide! Pasaremos un día de campo estupendo, con baño incluído, ou mellor aínda baixada en canoa polo río, e por suposto noite de música!
Estará o grupo de fiandeiras de Lugo, Bolboreta Fiandeira, e moitos outros amigos.
Esperámosvos!

Para que poidades ver o que atoparedes no noso posto, deixámosvos unhas fotos do de Pardiñas: con novos deseños de libretas, broches, acuarelas, cerámica e luvas. Esperamos que vos gusten.




xoves, 23 de xullo de 2015

Un ano máis no Festival de Pardiñas!

Como o ano pasado, ReciclArte e tallerdepolo estarán no Festival de Pardiñas na fin de semana do 1 e 2 de agosto, compartindo diversión, estupenda música e moita artesanía da boa con todas e todos as amistades que ano tras ano disfrutamos deste festival único.
Non deixedes de pasar por alí, sempre merece a pena!
Esperámosvos!