fronte
a ilustracións tenras de mulleres-nenas que quietas e doces semellan
esperar, desexaba debuxar persoas facendo ioga baixo a choiva, no
monte recollendo setas, pensando... e as que aínda faltan; en
calquera actividade da rutina, calquera actividade que ti e máis eu
fariamos... ou non.
Lupe
e Maruxa naceron inspiradas por unha foto atopada nunha viaxe; esas
dúas meniñas tan cativas xuntas da man no mundo este; que tende
máis a separarnos que a xuntarnos, pareceume un bo comezo para
iniciarme nesta aventura ... o meu desexo é que Lupe e Maruxa
compartan moitos xogos, moitas aprendizaxes e vivencias; que non
esperen por ninguén para vivilas.
a foto inspiradora é de Tim Russo, ImagenArte
www.imagenarte.info
Pois
aquí queda este apuntamento: quedades entón invitadas a facer suxestións de
actividades, tarefas ou situacións para as nosas personaxes...
Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com
Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com
Eu teño unha, merqueina hoxe nunha tenda de Lugo para facer un agasallo. Merqueina polo debuxo pero foi unha sorpresa ver que dentro tiña unha frase, gustoume ise detalle.
ResponderEliminarGraciñas, estamos encantadas de que che guste o noso traballo. Estamos empezando con este proxecto e esperamos medrar en ideas!
Eliminar