- Facer as nosas propias luvas
Non
se realizarán puntos complexos, unicamente elástico 1:1 e punto
xersei, posto que o obxectivo é afacerse a calcetar con 5 agullas e
aprender o modelo para facer luvas.
Requisitos:
- É
necesario saber calcetar previamente con 2 agullas. - Para poder cumplir os obxectivos do obradoiro as/os participantes deberán completar traballo entre clase e clase na súa casa. Daránselles as indicacións necesarias. Para quen vaia con máis lentitude ofértanse posibilidades de ampliación do obradoiro (máis abaixo).
Materiais
que debe aportar a persoa participante:
- Paquete
de 5 agullas para calcetar en redondo (recoméndanse ao redor do
número 4). - Lá do grosor correspondente ás agullas mercadas.
Duración
do obradoiro:
Realizarase
un día á semana durante 1 hora (prolongable a 1h e media) ao longo
dun mes (prolongable ata dous meses).
As/os
participantes poderán elixir o mínimo ou as prolongacións, en
función da súa pericia ou coñecemento previo, para que poidan
cumplir os obxectivos do obradoiro. Falarase o primeiro día e
deixarase liberdade de elección a cada participante.
Custe
do obradoiro:
- Para
as persoas que cubran 1 hora semanal durante 1 mes, o custe será de
10 euros. - Para as persoas que cubran 1 hora e media semanal durante 1 mes, o custe será de 15 euros.
- As persoas que queiran prolongar o obradoiro pasado o primeiro mes pagarán o mesmo no segundo mes proporcionalmente ao tempo empregado.
Necesidades
mínimas para realizar o obradoiro:
Só
se iniciará o obradoiro unha vez que se xunte un grupo mínimo de 4
persoas.
Lugar
e datas:
Celebrarase
no local de Bico de grao, na rúa das Fontiñas, nº 226, en
Lugo.
Será
os luns a partir das 19:30h.
Contacto:
Para
máis información podes escribir a: reciclarte.lucia@gmail.com Para a inscripción no obradoiro contacta directamente con Bico de grao: bicodegrao@gmail.com, tlf.: 982807935.
Ningún comentario:
Publicar un comentario