Empezará o xoves 21 de maio ás 18:00h, ata as 19:30h, na tenda de lás Sualá, na esquina da Rúa Nova coa Praza da Soidade, en Lugo.
Podes apuntarte ata o mesmo día que empezamos o obradoiro.
E si prefires noutro momento pregúntanos, porque haberá outros sempre que teñamos persoas interesadas.
Obxectivos
do obradoiro:
- Aprender a calcetar en redondo con 5 agullas
- Facer as nosas propias luvas
Non
se realizarán puntos complexos, unicamente elástico 1:1 e punto
xersei, posto que o obxectivo é afacerse a calcetar con 5 agullas e
aprender o modelo para facer luvas.
Requisitos:
- É necesario saber calcetar previamente con 2 agullas.
- Para poder cumplir os obxectivos do obradoiro as/os participantes deberán completar traballo entre clase e clase na súa casa. Daránselles as indicacións necesarias. Para quen vaia con máis lentitude poden establecerse posibilidades de ampliación do obradoiro.Materiais que debe aportar a persoa participante:
- Paquete de 5 agullas para calcetar en redondo (recoméndanse as de 4 mm pero tamén poden ser algo máis finas).
- Lá do grosor correspondente ás agullas.
Duración
do obradoiro e datas:
Realizarase
un día á semana, os xoves, durante 1 hora e media, de 18:00h
a 19:30h ao longo dun mes (prolongable ata dous meses).
Custe
do obradoiro:
O
prezo será de 15 euros ao mes.
Lugar
de realización:
Tenda
de lás Sualá (Rúa Nova esquina Praza da Soidade).
Contacto:
- Lucía Medina Navarro (ReciclArte): reciclarte.lucia@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario