ReciclArte e tallerdepolo estarán na vindeira Feira de Artesanía de Outeiro de Rei.
Unha vez máis (esta xa é a novena edición) haberá múltiples demostracións de artesanía, postos, xogos e moitas máis cousas.
Ademais parece que o tempo acompañará e o río está moi pretiño, de modo que tedes que animarvos a ir visitarnos e pasar un bo día.
Esperámosvos!
reciclando e creando papel para facer distintos obxectos (libretas, contos,...) con ilustracións deseñadas por tallerdepolo xogando coa la para crear luvas, gorros... colaborando con cestería viva...
Translate
luns, 29 de xuño de 2015
luns, 1 de xuño de 2015
Feira de Economía Social 2015
De novo outra edición da Feira de Economía Social na Coruña este pasado sábado 30 de maio. O tempo pasa voando! e o ano pasou case sen decatarnos... Como é habitual foi unha xornada moi amable e agarimosa; con tanta xentiña coñecida e querida ao redor. Desta volta foi feira-feira con moitas artesanas mostrando o seu traballo e poucas charlas e actividades; organizar eventos de este tipo é un traballo de moito mérito, sobre todo cando se fai de maneira voluntaria regalando tempo e traballo para que outras disfrutemos dun día grande no centro da cidade. Agradecer á organización o seu esforzo, foi un día marabilloso.
O sol tamén acompañou ... acompañoume sobre todo a min que acabei queimada como unha gamba e co nariz tipo "don pimpóm".
O sol tamén acompañou ... acompañoume sobre todo a min que acabei queimada como unha gamba e co nariz tipo "don pimpóm".
Desta
volta as enerxías non daban para preparar un taller para as nenxs,
unha mágoa... pero seguro outro ano haberá forzas e compensaremos
as ganas!
As
enerxías se recargan con tantas visitas agarimosas recibidas!! e con
compañeirxs de feira tan lindxs!! O ano próximo seguro nos atopamos
de novo!
sábado, 16 de maio de 2015
Obradoiro de luvas en Sualá
Se estás interesada/o en aprender a calcetar en redondo con 5 agullas, non te perdas este obradoiro!
Empezará o xoves 21 de maio ás 18:00h, ata as 19:30h, na tenda de lás Sualá, na esquina da Rúa Nova coa Praza da Soidade, en Lugo.
Podes apuntarte ata o mesmo día que empezamos o obradoiro.
E si prefires noutro momento pregúntanos, porque haberá outros sempre que teñamos persoas interesadas.
Empezará o xoves 21 de maio ás 18:00h, ata as 19:30h, na tenda de lás Sualá, na esquina da Rúa Nova coa Praza da Soidade, en Lugo.
Podes apuntarte ata o mesmo día que empezamos o obradoiro.
E si prefires noutro momento pregúntanos, porque haberá outros sempre que teñamos persoas interesadas.
Obxectivos
do obradoiro:
- Aprender a calcetar en redondo con 5 agullas
- Facer as nosas propias luvas
Non
se realizarán puntos complexos, unicamente elástico 1:1 e punto
xersei, posto que o obxectivo é afacerse a calcetar con 5 agullas e
aprender o modelo para facer luvas.
Requisitos:
- É necesario saber calcetar previamente con 2 agullas.
- Para poder cumplir os obxectivos do obradoiro as/os participantes deberán completar traballo entre clase e clase na súa casa. Daránselles as indicacións necesarias. Para quen vaia con máis lentitude poden establecerse posibilidades de ampliación do obradoiro.Materiais que debe aportar a persoa participante:
- Paquete de 5 agullas para calcetar en redondo (recoméndanse as de 4 mm pero tamén poden ser algo máis finas).
- Lá do grosor correspondente ás agullas.
Duración
do obradoiro e datas:
Realizarase
un día á semana, os xoves, durante 1 hora e media, de 18:00h
a 19:30h ao longo dun mes (prolongable ata dous meses).
Custe
do obradoiro:
O
prezo será de 15 euros ao mes.
Lugar
de realización:
Tenda
de lás Sualá (Rúa Nova esquina Praza da Soidade).
Contacto:
- Lucía Medina Navarro (ReciclArte): reciclarte.lucia@gmail.com
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


